FIT Redondela | Actividades da XX edición
15854
post-template-default,single,single-post,postid-15854,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-17.2,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-5.6,vc_responsive

Actividades da XX edición

-Especial 17 de Maio. Día das Letras Galegas
Este ano o Festival arranca practicamente co Día das Letras Galegas, o 17 de maio, polo tanto o día máis importante para a Cultura Galega pois reivindícase a nosa lingua e a nosa cultura.


-Especial Itinerantes.
Coa idea que ninguén quede sen desfrutar dos títeres de maneira próxima reforzamos a programación dos espectáculos itinerantes, con fácil visibilidade para o espectador.
Compañías : Les Contes, Deabru Beltzak, Xip Xap, Tutatis, MG Producciones ou Machtiern Compagnie.


-MarchTiern Compagníe.”Le Flamant Rose” Peche do Festival día 19
Este impresionante flamengo é unha das marionetas máis grandes de Europa.


-Especial Concertos . Este ano queremos festexar estes 20 anos tamén con musica , tendo a oportunidade de disfrutar de : Gramola Gominola, Cé Orquestra Pantasma, Radio Bule Bule , The Turres Band ou de Relámpago (grupo local ) .


-Concurso Foto-Selfie “Este Festival….cae de caixón”
Coa idea de crear unha actividade participativa proponse este concurso de foto-selfie.


-“Especial TitiriNoite”
Recuperamos o que serían as sesións golfas con esta compañía francesa que trae unha proposta chea de maxia.


-Exposición “Marionetas do mundo. Un Mundo de marionetas” do Museo Galego da Marioneta e Viravolta Títeres.
Punto de encontro obrigado do Festival onde as exposicións temáticas arredor do mundo dos títeres estimula e enriquece. Este ano teremos unha boa representación de marionetas e monicreques das máis variadas procedencias.


-Ruada “Redondela é un conto”
Un ano máis Xente Titiriteira propón unha ruada coa premisa de mesturar contorna e espectáculo. Un paseo, unha experiencia, compartir un percorrido onde grandes e pequenos poidan participar de maneira activa. Este ano serán os personaxes dos contos os protagonistas.


-“Espazo Lúdico” Pista da Xunqueira
O espazo lúdico é un punto interxeneracional na Pista da Xunqueira onde grandes e pequenos poden xogar e compartir un tempo con xogos tradicionais.


-Intérprete de lingua de signos.
En colaboración con Xoga, Asociación de Xordos de Galicia, ofreceranse funcións con intérprete en lingua de signos, os dias 17 , 18 e 19 de maio.


-Programación Off “Títeres pola gorra”
Artistas que veñen presentar os seus traballos fóra do programa e axudan ao espírito bohemio do Festival.


-Mercadiño Titiriteiro.
Máis de 40 postos dan vida a este espazo , moitos deles relacionados co mundo do títere.